Fóra do horario habitual do seu centro de saúde, se precisa atencion urxente, pode acudir ao seu PAC correspondente (consulte aquí a relación).
Os Puntos de Atención Continuada (PAC), funcionan en horario de 15:00 a 8:00 horas nos días laborables e as 24 horas os fins de semana e festivos.
Recorde que sempre ten á súa disposición o teléfono de urxencias 061.