A Unidade de Asma Grave (UAG) do Servizo de Alerxia do Hospital Universitario da Coruña, está acreditada pola Sociedade Española de Alerxia e Inmunología Clínica (SEAIC) desde o ano 2019. Está situada nas nosas instalacións do Hospital Abente e Lago
Facultativo responsable: Dr. Manuel Jorge Rial Prado
O seu obxectivo é a atención integral do paciente con asma ou sospeitas de asma con dificultades para o diagnóstico ou para o seu control, enviados por outros alergólogos, médicos de atención primaria, ou outros especialistas do hospital.
Entre a carteira de servizos ofrecida pola unidade podemos atopar:
- Realización de espirometría e proba broncodilatadora.
- De terminaciónde FeNO.
- Realización de probas de provocación bronquial específica e inespecífica.
- Realización de oscilometría de impulsos.
- Difusión de gases mediante metano.
- Realización de probas intraepidérmicas ou prick test.
- Desenvolvemento dun programa educativo individualizado para todos os pacientes vistos na unidade.
- Prescrición de fármacos biolóxicos en casos de asma grave non controlada.
- Nasofibroscopia flexible.
- Acceso telefónico para continxencias como empeoramento clínico, agudizacións da enfermidade, intolerancia ao tratamento, petición de información, etc., a pacientes en seguimento.
- Atención a pacientes agudizados que estean xa en seguimento na unidade.
- Participación en ensaios clínicos de asma de distinta natureza.