A Biblioteca do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña é un espazo que ten como misión responder as necesidades de información e coñecemento de todos os profesionais da ASCC.
O obxectivo vén marcado polo acceso á mellor evidencia científica para o desenvolvemento dunha excelencia clínica dos profesionais sanitarios.
Atópase situada na planta baixa do Hospital Universitario A Coruña.
Actualmente enténdese como un espazo de traballo, pois conta con postos de lectura e 7 computadores e unha impresora.
A aula Isabel Zendal, cuxo nome responde á enfermeira galega que acompañou á Real Expedición Filantrópica da Varíola (1803-1812), conta con capacidade para aproximadamente 35 persoas e está dotada de computador, canón de proxección con pantalla. Nela realízanse reunións de traballo, sesións e actividades de formación.
Horario: 8.00 a 15.00 horas.
Equipo Humano:
- Marta Castro Pérez
- Raquel Lodeiros Iglesias
- Alejandra Bárcena Fernández de Angulo
Contacto:
Teléfono: 981.178017 Ext. 295019-295065-295058-295030.
Email: biblioteca.chuac@sergas.es
Desde maio de 2018, a Biblioteca atópase integrada na Área de Documentación e Coñecemento Dixital, cuxa misión é xestionar de maneira integral o coñecemento da ASCC, a través da organización da información e difusión da mesma. Esta área tamén se encarga da páxina web https://xxicoruna.sergas.gal e a Intranet da Área Sanitaria da Coruña e Cee.