Horario
O horario de citación nas unidades de consultas dos distintos centros do Complexo Hospitalario está establecido desde as 8:00 horas até as 15:00 horas, con excepción do Centro de especialidades do Ventorrillo, onde o horario é continuado desde as 8:00 da mañá ata as 21:00 horas.
Documentación
Para solicitar unha cita para consultas ou para a realización de probas diagnósticas nalgún dos centros do Complexo Hospitalario, vostede deberá ter un documento que así o acredite.
No caso de que se trate dunha primeira visita vostede deberá ter unha folla de interconsulta do médico que fai a derivación na cal se indique a que servizo se dirixe.
Se o motivo polo que vén ao hospital ou centro de especialidades é unha revisión, vostede deberá dispor dunha dun informe no que conste esta indicación ou tarxeta de consulta á que debe acudir.
As consultas indicadas polo persoal sanitario do hospital (revisións ou consultas noutra especialidade) deben tramitarse nos mostradores de admisión o puntos de citación do hospital.
Finalmente, se se trata de probas, deberá ter unha folla de petición emitida polo/a médico/a. Nela indícase a proba que se debe realizar.
Lembrámoslle que as citas para as especialidades hospitalarias e probas diagnósticas solicitadas polo seu médico/a de atención primaria deberá tramitalas no seu centro de saúde.
Teléfonos
A continuación pode consultar os números de teléfono e fax das distintas unidades de citación:
- Hospital Universitario da Coruña: 981178107 / 981178204
-
Hospital Teresa Herrera: 981178108 / 981178248
-
Hospital Marítimo de Oza: 981178210 / 981178301
-
Hospital Abente y Lago: 981142800 / 981205375
-
Hospital Virxe da Xunqueira: 981706196 / 981706186
-
Centro de Especialidades do Ventorrillo: 981142800 / 981178163
-
Centro de Especialidades de Carballo: 981756668 / 981700216
-
Centro de Especialidades de Betanzos: 981771092 / 981770312
É preciso indicar que non todas as citas poden ser facilitadas por vía telefónica, polo que, cando chame, nos teléfonos de citación indicaranlle se é posible facilitarlle unha cita ou é necesario que presente unha folla de petición nalgún dos puntos de citación do Complexo Hospitalario, trámite que pode facer de modo presencial ou tamén a través de fax ou de correo postal.
Ademais, no seu Centro de Saúde poderanlle informar de cales son as citas que lle poden facilitar no mesmo centro e para cales debe facer chegar a súa solicitude aos puntos de citación do Complexo Hospitalario.
Se o que vostede precisa é ANULAR unha cita, pode facelo chamando ao teléfono 981952950 tendo a man a súa tarxeta sanitaria.
No caso de solicitude de Atraso de cita, é preciso facelo con polo menos TRES días de antelación.
Cita previa en Atención Primaria: