A Dirección de Recursos Económicos encádrase como un órgano unipersoal dentro da Estrutura Organizativa da Área Sanitaria da Coruña e Cee, tal como se recolle no DECRETO 134/2019, de 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia.
A Dirección de Recursos Económicos, da que dependen dúas Subdireccións -como así o establece o DECRETO 134/2019, de 10 de outubro- é o órgano directivo da Área Sanitaria da Coruña e Cee, que baixo as directrices superiores da Dirección-Xerencia do centro, dirixe a xestión económica e orzamentaria, a patrimonial, as compras de bens e servizos, a loxística, o mantemento e conservación, a hostalaría e a orde interna e a seguridade.
Compras e Subministracións Contabilidade Contratación Control de xestión e auditoría interna Electromedicina Equipamentos Facturación Hostalería Mantemento Medio ambiente e calidade Oficina Técnica e Arquitectura Orde interna e seguridade U. Ortoprótese e Reintegro de Gastos U. Osíxeno e Diálese