A Unidade, de forma exclusiva ou en colaboración con outros servizos, realiza as probas:
- Test de H2 expirado para azucres
- Test de alento para detección de H. pylori
- Test de ureasa
- Test de provocación con alimentos
- Cuantificación de cloro en suor
- pHmetría esofágica de dobre canle
- Biopsia hepática por punción
- Endoscopia dixestiva alta e baixa
- Cuantificación de disacaridasas en biopsia intestinal
- Técnicas de imaxe: ecografía, tránsito gastrointestinal, enema opaco, tomografía axial computarizada, resonancia magnética, gammagrafía abdominal con leucocitos e hematíes marcados e densitometría ósea
- Estudo xenético de fibrose quística e enfermidade celíaca
- Manometría
- Elastografía