O alivio da dor é un reto para todo profesional da medicina e a súa erradicación ou diminución un indicador evidente de boa práctica asistencial.
A unidade da dor do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña está especializada no manexo e tratamento de cadros dolorosos complexos, especialmente aqueles resistentes a tratamento convencional.
Utilizamos todos os medios ao noso alcance para axudar ao paciente na súa loita contra a dor, tendo en conta que a dor é persoal e individualizada e as técnicas para o seu alivio, total ou parcial, son distintas para cada paciente.
Os pacientes son remitidos tanto desde Atención Primaria como de Especializada, en busca de tratamentos farmacolóxicos e/ou non farmacolóxicos.
Despois da valoración e indicacións terapeúticas, determinados pacientes poden ser remitidos novamente aos centros comarcais ou locais para o seu seguimento.
Actualmente, o equipo fórmano pesoal médico especialista en Anestesioloxía e enfermería especializada no tratamento da dor.