h1

O Nodo de Innovación da Área Sanitaria da Coruña e Cee é unha ferramenta para facilitar cambios no sistema dunha forma áxil e eficaz.

Calquera proposta ten cabida no Nodo de Innovación

Esta iniciativa nace en setembro de 2018, baixo a premisa de que "para ter boas ideas hai que ter moitas ideas".

Sabemos que os profesionais e os pacientes son os que mellor coñecen algúns problemas do día a día e saben cales son as solucións que poden axudar a mellorar a saúde das persoas.

Tradicionalmente non tiñan capacidade para cambiar o sistema. Con todo, agora, coa filosofía down to top dos Nodos de Innovación, isto cambiou e calquera proposta de innovación sanitaria é escoitada.

Contáctanos coa túa idea e faremos o posible para que se leve a cabo.

Email Contacto: Alejandro.avila.alvarez@sergas.es e innovacion.chuac@sergas.es

Teléfono 981-17 81 95 ou Extensión 292228