Radar COVID é a aplicación deseñada e dirixida pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial do Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19).
Radar COVID avísache de maneira anónima do posible contacto que puideches ter nos últimos 14 días cunha persoa que resultase infectada utilizando a tecnoloxía Bluetooth de baixo consumo.
Radar COVID ademais permite:
- Comunicar de forma anónima o teu diagnóstico positivo.
- Comunicar a exposición de forma anónima ás persoas coas que estiveches en contacto.
- Radar COVID garante a seguridade e privacidade e é 100% anónimo. Por iso non solicitamos nin o teu nome, nin o teu teléfono, nin o teu correo electrónico.