A Unidade de Formación e Docencia ten como obxectivo formar aos profesionais da nosa Área Sanitaria, así como aos alumnos, das distintas universidades e outros centros, que nos elixen para a súa formación práctica.
A Formación Pregrao abarca titulacións universitarias e de formación profesional, tanto sanitarias como non sanitarias. A Formación Sanitaria Especializada é unha peza clave da nosa organización e a Área Sanitaria da Coruña e Cee incorporase a este sistema de formación dende o seu inicio con residentes de diferentes especialidades; actualmente no noso centro se forman arredor de 300 especialistas, e non entenderíamos o pasado da Área, pero sobre todo o presente e o futuro sen os residentes. A Formación Continuada garantiza o desenvolvemento e actualización da competencia de todos os profesionais; é a ferramenta imprescindible para a mellora do sistema sanitario e a calidade dos servicios que se prestan os cidadáns.
A nosa Área dispón dun centro de vangarda, pioneiro e innovador, o Centro Tecnolóxico de Formación, que dá resposta ás necesidades formativas no ámbito da saúde, mediante a aprendizaxe baseada na simulación en tódalas súas modalidades, para garantir a calidade asistencial e a seguridade do paciente.