HiddenAnchor
Galego
Castellano
A nosa organización
Temas
Oferta asistencial
Calidade e seguridade do paciente
Doazóns e transplantes
Humanización
Información para os usuarios
Investigación e Innovación
Medio Ambiente e Sustentabilidade
Somos referencia
Formación e docencia
Colectivos
Pacientes e cidadanía
Empresas e Provedores
Profesionais
Interésame
Cambiar de médico
Citas
Como chegar ao hospital
Saber a miña posición na lista de espera
Formación e docencia
Investigación
h1
Temas
Oferta asistencial
Endocrinoloxía e Nutrición
Unidade de Nutrición clínica e Dietética
Unidade de Nutrición clínica e Dietética
Na actualidade a Unidade de Nutrición forma parte do
Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
e é única para toda a área sanitaria, desenvolvendo o seu labor asistencial principalmente no ámbito do CHUAC.
O hospital entrou en funcionamento no ano 1972, e conta cunha Unidade de Nutrición desde 1989. Naquel momento constituíuse como unha unidade autónoma, dependente jerárquicamente da dirección médica do centro. Esta Unidade de Nutrición Artificial desenvolvía a súa actividade asistencial maioritariamente na prescrición de nutrición enteral e parenteral, estando a Dietética Hospitalaria a cargo do Servizo de Endocrinoloxía. A partir de abril de 2013, a Unidade de Nutrición Artificial pasou a integrarse no Servizo de Endocrinoloxía, dando lugar ao Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición, coa Unidade de Nutrición Clínica e Dietética.
A carteira de servizos da Unidade inclúe:
Colaborar na elaboración e actualización do código de dietas do CHUAC, así como da dietoterapia ambulatoria da área sanitaria.
Cribado de desnutrición en grupos de risco.
Valoración do estado nutricional do paciente ambulatorio e hospitalizado.
Prescrición da nutrición enteral e parenteral en pacientes hospitalizados.
Prescrición do tratamento nutricional parenteral no Hospital de Día.
Consulta externa para pacientes con soporte nutricional ambulatorio (pacientes oncolóxicos en tratamento con quimioterapia e/ou radioterapia, neurolóxicos, patoloxía dixestiva, cirurxía dixestiva, síndrome de intestino curto, enfermidades neurodexenerativas, etc.).
E-consultas de Nutrición con Atención Primaria.
Colaborar activamente coa Comisión de Nutrición e Dietética do CHUAC.
Colaborar cos comités multidisciplinares de diferentes patoloxías: comité de tumores esófago-gástricos, comité de enfermidade inflamatoria intestinal.
Información e educación nutricional a pacientes e familias.
Colaborar coa Unidade de Coordinación e Apoio Asistencial a Residencias Sociosanitarias cun proxecto asistencial:
2. Equipo interdisciplinar. Proxectos Asistenciais - Área Sanitaria de Coruña e Cee (Hospitais, Centros de Saúde, Casas do Mar e Consultorios) (sergas.gal)
A Unidade colabora na docencia pregrado, posgrao e especializada, e na formación continuada a outros profesionais do Area Sanitaria:
Docencia dos MIR de Endocrinoloxía e Nutrición.
Docencia dos MIR doutras especialidades: Cirurxía Xeral, Dixestivo, Medicina Interna.
Docencia dos FIR.
Docencia dos alumnos de 6º curso do grao de Medicina.
Docencia dos alumnos do grao de Nutrición Humana e Dietética.
O Servizo de Endocrinoloxía conta cun plan estratéxico de investigación, no que colabora a Unidade de Nutrición, como parte do servizo, e comprende actividade investigadora que comprende:
Titoría dos traballos de fin de grao dos alumnos do grao de Medicina.
Titoría dos traballos de fin de grao dos alumnos do grao de Enfermería.
Participación en ensaios clínicos promovidos por entidades externas ao CHUAC.
Promover estudos clínicos propios da unidade.
Colaborar coa actividade investigadora promovida por grupos de traballo das diferentes sociedades científicas (SEEN, SENPE, SGENM).
A Unidade participa activamente na
Comisión de Nutrición e Dietética
, cuxas funcións son:
Aprobar a Guía de composición e indicacións das dietas de nutrición enteral.
Revisar e aprobar as especificacións técnicas dos produtos de nutrición artificial suxeitos á compra por concurso.
Recomendar a inclusión ou exclusión de produtos de nutrición en base á evidencia científica sobre a súa efectividade ou eficiencia, e/ou aos aspectos de seguridade asistencial.
Avaliar a indicación da nutrición enteral e parenteral e a dietética.
Revisar os protocolos/guías implantados no Complexo Hospitalario e propoñer o desenvolvemento de novos protocolos/guías.
Revisar o informe de avaliación da indicación e prescrición de nutrición parenteral e propoñer recomendacións.
Revisar as indicacións e prescrición da nutrición enteral para pacientes hospitalizados e domiciliaria.
Valorar a indicación e adecuación das dietas culinarias hospitalarias e dietas especiais ao alta.
Definir un sistema de alerta para detectar a sobre ou infrautilización dos produtos de soporte nutricional (enteral e parenteral).
Realizar as recomendacións para a mellora do estado nutricional dos pacientes.
Elaborar ou revisar os documentos para a información a pacientes tras a alta/consulta hospitalaria.
Ordenar
Sen agrupar
Agrupar por Colectivos
Agrupar por Interésame
Agrupar por A nosa organización
Agrupar por Formación e docencia
Agrupar por Guías
Agrupar por Investigación
Agrupar por Servicios
Agrupar por Servizos electrónicos
Profesionais da Unidade de Nutrición Clínica e Dietética
Páxina 1 de 1
1
Elementos por páxina
Enviar a un amigo
165 votos
Votar
Votar
Imprimir
Converter en PDF
Compartir
Clasificación
Categorías:
Temas,
Oferta asistencial