HiddenAnchor
h1
Centro de Orientación Familiar
QUE É?
O Centro de Orientación Familiar foi creado no ano 1983 co obxecto de dar atención á saúde sexual e reprodutiva. Inicialmente foi un centro de titularidade municipal, pero actualmente é un centro dependente tanto da administración local como do SERGAS.
O centro conta cun equipo de profesionais especializados cuxa finalidade é previr, informar e educar nos aspectos relacionados coa anticoncepción e as relacións de parella así como orientar e asesorar non só no ámbito da anticoncepción se non tamén en situacións de crise ou conflito que se poidan experimentar de forma individual, na parella ou na familia.
Os obxectivos do centro son:
Promover a saúde afectivo-sexual mediante a educación, nun clima de liberdade, respecto e aceptación das opcións afectivo-sexuais de cada persoa.
Defender os dereitos sexuais e reprodutivos porque son dereitos básicos das persoas.
Ofrecer un servizo de calidade onde as persoas poidan acudir a pedir información ou axuda de calquera tipo, para mellorar a súa sexualidade e afectividade, para a prevención de embarazos non desexados, de enfermidades de transmisión sexual e para a interrupción voluntaria de embarazo.
Ordenar
Sen agrupar
Agrupar por Colectivos
Agrupar por Interésame
Agrupar por A nosa organización
Agrupar por Formación e docencia
Agrupar por Guías
Agrupar por Investigación
Agrupar por Servicios
Agrupar por Servizos electrónicos
Como contactar connosco?
Onde estamos?
Que facemos?
Que poboación atendemos?
Quen somos?
Páxina 1 de 1
1
Elementos por páxina
Clasificación
Categorías:
Temas,
Oferta asistencial