HiddenAnchor
h1
Técnicas
Técnicas de radioloxía diagnóstica
A
radiografía convencional
trata mediante Raios X de observar as densidades óseas, o tecido pulmonar, o aparello dixestivo, o corazón, entre outras estruturas do corpo.
A
ecografía
é unha técnica de exploración que permite ver imaxes do interior do corpo por medio de ultrasóns. Estes cando inciden sobre os diferentes tecidos do corpo producen un eco que se traduce en imaxes. Utilízase para ver órganos como o corazón, os riles ou o fígado, ou patoloxía musculoesquelética, entre outros.
A
mamografía
é un tipo de radiografía que se utiliza para diagnosticar de forma precoz pequenos tumores e outras enfermidades mamarias.
A
tomografía computarizada (TC) ou tac
utiliza un equipo especial de raios X para obter imaxes do corpo desde diferentes ángulos. Permite diagnosticar enfermidades cardiovasculares, infeccións, traumatismos, trastornos musculoesqueléticos e tumores, así como realizar un seguimento e planificar o tipo de tratamento médico ou cirúrxico e a súa resposta.
A
resonancia magnética
é unha proba de imaxe que permite visualizar o interior dunha zona do corpo e permite diagnosticar ou valorar o estado de saúde dun paciente utilizando un campo magnético e ondas de radio xeradas por computadora para crear imaxes detalladas dos órganos e tecidos do corpo.
Técnicas de radiología intervencionista
No Servizo de Radioloxía realízanse
procedementos diagnósticos, como biopsias, e terapéuticos de maneira percutánea
(a traves da pel), evitando en moitos casos a realización de cirurxía, como en casos de ablación tumoral ou distintos tratamentos endovasculares.
Ordenar
Sen agrupar
Agrupar por Colectivos
Agrupar por Interésame
Agrupar por A nosa organización
Agrupar por Formación e docencia
Agrupar por Guías
Agrupar por Investigación
Agrupar por Servicios
Agrupar por Servizos electrónicos
Non se atopou ningún resultado asociado
Clasificación
Categorías:
Temas,
Oferta asistencial