Hospitalización a domicilio (HADO): é unha alternativa ao ingreso convencional. Proporciona, no domicilio do paciente, asistencia integral e personalizada, con niveis diagnósticos, terapéuticos e/ou coidados similares aos dispensados no hospital.
Os principais valores que identifican e caracterizan a Hospitalización a Domicilio son:
Responsable do Servizo
Fernando Lamelo Alfonsín
Supervisora de Enfermería
María Jesús Llorente Ayuso
ESTRUTURA E LOCALIZACIÓN
Hospitalización a domicilio
Hospital Marítimo de Oza, soto
Proporciona asistencia domiciliaria de rango/características similares ás do hospital
Unidade de coidados paliativos
Hospital Marítimo de OZA, segunda planta
Proporciona atención integral, individualizada e continuada das persoas con enfermidade en situación avanzada e terminal.
Unidade de coordinación e apoio asistencial a residencias
Unidade que se encarga de desenvolver e promover promover circuítos de comunicación e asistenciais máis fluídos entre o nivel sanitario e o social evitando a fragmentación existente. (Páxina web da unidade)
AREA DE ATENCIÓN
A actual área xeográfica de actuación de Hospitalizaicón a domicilio do CHUAC son os Concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros
CRITERIOS DE INGRESO EN HADO
Paciente que precise atención hospitalaria.
Paciente con diagnóstico establecido ou alta sospeita diagnóstica: paciente que estando clinicamente estable, permanece ingresado no hospital (planta de hospitalización ou servizo de urxencias) pendente de realizar algunha proba diagnóstica ou de recibir o resultado.
Situación clínica que non suxira a necesidade de precisar cirurxía urxente ou ingreso nas unidades de coidados críticos nun breve período de tempo.
Existencia de condicións sociofamiliares adecuadas cun coidador principal ou institución responsable: para que unha persoa poida ser considerada coidador principal deberá ter dispoñibilidade para coidar ao paciente e capacidade para comprender e executar os coidados encomendados. Esta persoa colaborará nos coidados básicos do paciente (aseo, alimentación, ...) e, co equipo de HADO, no desenvolvemento de determinadas tarefas técnicas que requiren adestramento e aprendizaxe específico (seguridade).
Aceptación por parte do paciente e do coidador: o ingreso no servizo de hospitalización a domicilio é voluntario e require a aceptación expresa do paciente e coidador.
PROFESIONAIS DO SERVIZO
FacultativosPersoal de enfermaría
CONTACTO
Teléfono Secretaría
981178171
Email Secretaría
secretaria.hado.asacec@sergas.es