HiddenAnchor
Galego
Castellano
A nosa organización
Temas
Oferta asistencial
Calidade e seguridade do paciente
Doazóns e transplantes
Humanización
Información para os usuarios
Investigación e Innovación
Medio Ambiente e Sustentabilidade
Somos referencia
Formación e docencia
Colectivos
Pacientes e cidadanía
Empresas e Provedores
Profesionais
Interésame
Cambiar de médico
Citas
Como chegar ao hospital
Saber a miña posición na lista de espera
Formación e docencia
Investigación
h1
Temas
Información para os usuarios
Consulta Preanestesia e COVID 19
Consulta Preanestesia e COVID 19
Antes de realizar o procedemento anestésico, vostede é sometido a unha avaliación clínica por parte do persoal médico do servizo de Anestesiología.
A consulta de anestesia forma parte da avaliación e a preparación preoperatoria do paciente e é un elemento esencial da seguridade anestésica.
Con esta valoración permítense elixir a mellor técnica anestésica e os coidados peroperatorios máis adecuados ao seu estado de saúde e ao procedemento programado. O período entre esta consulta e a anestesia debe ter en conta o o seu estado clínico e a importancia da intervención cirúrxica; debe ser suficiente para permitir a realización de eventuais exploracións complementarias e instaurar ou modificar un tratamento medico.
O obxectivo final da avaliación preoperatoria é optimizar o seu estado de saúde e reducir ao máximo as complicacións asociadas coa cirurxía e a administración da anestesia.
Dada a situación de pandemia tiveron que realizarse cambios na modalidade de valoración
, así como nas condutas para seguir durante a mesma,
para garantir a súa seguridade e a do persoal implicado.
En base a esta premisa,
a consulta pode ser presencial ou non presencial (por vía telefónica).
Cando esta é presencial está pode realizarse nunha consulta de preanestesia ou durante o seu ingreso na planta de hospitalización.
Independentemente da modalidade de consulta, o obxectivo da consulta é permitir que o anestesista coñeza os seus antecedentes, o seu historial clínico, alerxias, os medicamentos que toma e principalmente que vostedes cren xuntos unha planificación anestésica individualizada. Os datos da consulta anótanse nunha folla de anestesia que se integra na historia clínica do paciente mediante sistema informático (IANUS) e que o médico que practica a anestesia debe consultar. Isto facilita a transmisión e a clasificación, mellorando a obtención dos datos sobre unha anestesia anterior.
Así mesmo
na consulta realizarase información achega do procedemento anestésico que se vai a levar a cabo, dos riscos asociados á súa patoloxía de base e as complicacións que poidan xurdir.
Nesta consulta tamén se aclararán as dúbidas que vostede teña, explicaráselle os diferentes tipos de anestesia, os riscos de cada técnica e o seu plan anestésico. Vostede
ten que outorgar a súa autorización asinando o documento de
Consentimiento Informado.pdf
.
Así mesmo
debe vostede coñecer que actualmente
existe maior risco de complicacións durante a cirurxía
. Hai un
risco aumentado de transmisión do SARS-CoV-2 ou complicacións asociadas á infección por coronavirus
. Este risco está en función da complexidade do procedemento, características do paciente e escenario de complexidade onde se lle atende.
En caso
de consultas presenciale
s
, o consentimento informado debe ser asinado polo anestesiólogo e o paciente no momento da consulta
. Nas
consultas non presenciais
(telefónicas),
o anestesiólogo informaralle dos contidos do documento de consentimento informado, o mesmo será asinado polo anestesiólogo ese mesmo día
e reflectirá na historia clínica a información dada ao paciente e que este outorga o seu consentimento.
A firma do mesmo por parte do paciente terá lugar o día do ingreso hospitalario e en caso de procedementos en réxime de cirurxía ambulatoria a firma será cando o paciente chegue á Unidade.
Cando a
consulta é presencial hai unha serie de consideracións que vostede debe ter en conta
:
•
Débense
reducir as visitas do paciente ao hospital
polo que, na medida do posible, fomentaranse as consultas de acto único nas que se coordinen na mesma visita a valoración do cirurxián, a inclusión en lista de espera, a valoración do anestesiólogo e as probas preoperatorias (a valoración dos resultados poderían quedar pendentes de valoración para realizarse posteriormente, se houbese contraindicación ou necesidade de repetir algunha proba comunicaríase por teléfono).
•
Se ten cita e
presenta clínica de febre, tose, malestar xeral, vómitos, diarrea, mialgias, perda de olfacto ou de gusto non debe acudir á consulta e realice consulta telefónica co seu médico de atención primaria
. Neste caso tería que seguir as súas indicacións e solicitar nova consulta a través do Servizo de Admisión do hospital.
•
Debe de acudir
só ou cun acompañante
(en caso de pacientes dependentes e menores de idade).
•
Respectar o horario de cita
evitando chegadas anticipadas co motivo de permanecer
o menor tempo posible no hospital.
•
Evitar deambular polo espazo destinado ás consultas
.
•
Manter distancias de seguridade durante a espera.
•
Uso de máscara cirúrxica. Evitar tocar superficies.
•
Debe de seguir
as medidas de hixiene de mans
con solución hidroalcohólica antes de proceder a entrar na consulta. Se trae luvas debe de retiralos e depositalos na papeleira correspondente, realizar hixiene de mans e posteriormente entrar na consulta. O persoal da consulta indicaralle como realizar todos estes pasos.
Unha consideración especial merece a
consulta de mulleres
embarazadas
. Esta sempre
será non presencial.
A xustificación desta modalidade asistencial fundaméntase en que a embarazada é unha paciente de risco e trátase dunha consulta para un procedemento analxésico para ofrecer calidade asistencial durante o proceso do parto.
•
L
a analxesia epidural para traballo de parto estará dispoñible para todas as gestantes que a soliciten.
A analxesia neuroaxial non está contraindicada en pacientes con sospeita ou confirmación de Covid-19.
Ás mulleres en traballo de parto que teñan sospeita ou confirmación de Covid-19 débeselles ofrecer unha técnica neuroaxial precoz, para reducir o risco de anestesia xeral en caso de cesárea urxente.
Durante a súa atención ao embarazo na pandemia de coronavirus e conxuntamente co servizo de obstetricia e xinecoloxía programarase consulta epidural.
•
Dada a situación actual de pandemia do coronavirus, a consulta preanestésica da analgesia epidural realizarase vía telefónica
(non presencial)
durante a semana 25-30 semana de xestación, o día que se lle asignou tras a solicitude da cita por parte do obstetra para a mesma.
Debe de ter actualizados os teléfonos de contacto para poder realizala.
•
Na consulta presencial obstétrica na semana 20 de xestación no hospital Teresa Herrera facilitaráselle o tríptico coa información da analxesia epidural.
O obxectivo é que poida lelo e estar familiarizado coas preguntas ou dúbidas que lle poidan xurdir e poder solucionalas durante a súa consulta telefónica.
Consentimento Informado analgesia epidural.pdf
.
•
Na consulta telefónica faránselle preguntas acerca de alerxias, antecedentes persoais, evolución do seu embarazo etc. co obxectivo de encher un formulario que pode consultar
Cuestionario Previo á Analgesia Obstétrica.docx
•
No momento de ingreso para o parto daráselle o consentimento que lería previamente para a súa firma antes de realizar a técnica,
así como a confirmación e valoración actual do seu estado e a analítica correspondente.
Ordenar
Sen agrupar
Non se atopou ningún resultado asociado
Documentos relacionados
Tríptico Analxesia Obstétrica
Enlaces relacionados
Embarazo e Coronavirus
Vídeo analgesia epidural para o traballo de parto
Enviar a un amigo
1080 votos
Votar
Imprimir
Converter en PDF
Compartir
Clasificación
Categorías:
Temas,
Información para os usuarios