h1

A necesidade de que o Servizo Galego de Saúde sexa innovador e estea dotado do equipamento máis avanzado en cada momento que garanta a competencia, rendemento e desenvolvemento profesional dos seus/súas profesionais, unido á rápida obsolescencia das tecnoloxías sanitarias, fai que sexa relativamente frecuente, a cesión de equipamento por parte de casas comerciais con carácter de cesión ou demostración, para que sexa probado ou avaliado polos/as profesionais sanitarios/as.

Segundo a Instrucción 4/2017 para a tramitación da aceptación dunha cesión a título gratuito de equipos médicos, de electromedicina, equipos informáticos e sistemas de loxística automatizados nos centros de saúde e centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde,  a solicitude será tramitada segundo o modelo que se recolle no Anexo I e acompañado dunha Memoria Xustificativa.

Unha vez autorizada a dita cesión e tras a obtención da correspondente autorización, será asinado un Acordo de Cesión, requisito imprescindible para a entrada do equipamento en calquera centro do Servizo Galego de Saúde.


Para calquera dúbida sobre esta tramitación contactar co Servizo de Investimentos no teléfono 981 15 56 52.