h1

Quen de nós non se atopou nalgunha situación na que lle gustase axudar pero non puido por medo a non facelo correctamente?
 
A Unidade de Epilepsia do Complexo Hospitalario da Coruña, quere conmemorar o Día Nacional da Epilepsia, explicando como actuar ante unha crise epiléptica.
 
Dámosche 10 consellos de como podes axudar:

1. Tenta manter a calma.
 
2. Deixa á persoa que realice os movementos propios dun crise epiléptica.
 
3. Evita que se lesione.
 
4. Mide o tempo que duran as convulsións e despois, o tempo que tarda en reaccionar.
 
5. Se os movementos convulsivos duran máis de 5 minutos, chama ao 061 ( Urxencias Sanitarias).
 
6. Afróuxalle a roupa.
 
7. Non lle introduzas nada dentro da boca.
 
8. Colócao en posición lateral de seguridade.
 
9. Unha vez finalizada a crise, non lle ofrezas medicamentos nin alimentos.
 
10. Tómalle o puxo e trata de que se vaia recuperando, falándolle e poñéndoo nunha postura cómoda.

Calquera de nós podemos ser testemuñas dunha crise epiléptica dun familiar, un amigo ou mesmo dun descoñecido nun lugar público.
 
Para máis información: