h1

A primavera é a estación do ano onde as persoas que padecen enfermidades alérxicas respiratorias sofren máis os seus síntomas.
 
O servizo de Alergoloxía do Complexo Universitario de A Coruña (CHUAC), explica 8 sinxelos consellos que poden axudar a previr os síntomas da alerxia:


1.Comproba as previsións sobre os recontos de pole (ex. https://www.polenes.com/home).


2.Evita a estancia prolongada e a actividade física innecesaria en parques, zonas de arboledo, ou en lugares onde hai plantas que causan alerxia; sobre todo na época de polinización correspondente.


3.Ventila as habitacións pola mañá cedo, e despois manten pechadas as xanelas, sobre todo pola noite.


4.É aconsellable que utilices filtros de aire ou sistemas de aire acondicionado no fogar.


5.Viaxa cos portelos do coche pechadas e usar filtros anti-pole. Evita desprazarche en moto ou bicicleta.


6.Usa lentes de sol. En casos extremos, pode ser conveniente levar máscara que filtre o pole.


7.Pela ou lava as froitas e vexetais frescos antes da súa inxesta, para eliminar o pole da súa superficie.


8.Para previr as molestias, se tes pautado tratamento preventivo, utilízao de forma regular na época de polinización.

 
É importante, lembrar que algúns medicamentos para a alerxia ao pole poden producir soño, polo que se debe de ter especial coidado se se conduce ou traballa con máquinas.
 
Máis información: E-Saúde.