h1

Os próximos días 28, 29 e 30 de novembro de 2018, a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias de Galicia vai celebrar o seu XXV Congreso Autonómico no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
 
Trátase dun punto de encontro dos profesionais da Medicina de Urxencias e Emerxencias tanto galegos como doutras Comunidades, co obxectivo de avanzar, a través de múltiples talleres e mesas de actualización, nas habilidades e coñecementos que fan da #EspecialidadMUE, unha especialidade con gran atractivo.
 
Baixo o lema "Aquí e agora", que identifica as Urxencias e Emerxencias, pois é un labor asistencial de acción- as 24 horas, os 365 días do ano-, perséguese a excelencia a través da posta en común do coñecemento e experiencias.