h1


O vindeiro mércores día 7 de novembro ás 13:30 horas terá lugar no salón de actos do Hospital Universitario A Coruña a sesión:
 
'Programa de atención tras morte súbita en xóvenes' que impartirá o Dr. Roberto Barriales Vila. Servizo de Cardioloxía. XXI A Coruña e presentará o Dr. José Manuel Vázquez Rodríguez, Xefe de Servizo de Cardioloxía. XXI A Coruña

 
Será unha oportunidade para compartir un programa de gran calado, posto que a morte inesperada ou morte súbita,  supón non só un tráxico acontecemento vital para as familias que a sofren, senón que tamén ten implicacións importantes para estas.
 
 
Cando se produce unha morte súbita, sobre todo se se trata dunha persoa nova (menor de 40 anos), pode deberse a unha cardiopatía familiar cunha causa xenética subxacente.
 
Por iso a importancia dun diagnóstico temperán para evitar desenlaces fatais.
 
Todo isto tratarase nesta interesante sesión á que os animamos a asistir.
 
Poderá seguirse en directo a través da seguinte ligazón: mms://vídeo.hospitalcoruna.es/SesionClinicaGeneral