h1

O vindeiro luns día 28 de xaneiro de 2019 terá lugar a conferencia "Hospital de día para a insuficiencia cardíaca" a cargo do doutor José Manuel García Pinilla, do servizo de Cardioloxía do Complejo Hospitalario Universitario Virgen de la Victoria. Málaga.

Esta conferencia, dentro do Curso de Formación Continuada en Cardioloxía 2018-2019, terá lugar as 08:30 horas, no salón de actos do Hospital Universitario A Coruña (4ª planta) e transmitirase por videoconferencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Poderá seguir a sesión a través da seguinte ligazón:

mms://video.hospitalcoruna.es/SesionClinicaGeneral

(Para acceder á sesión só é necesario que prema na ligazón)​​