h1

Dentro das sesións dedicadas ao fomento da investigación que se organizan desde a Comisión de Investigación do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña-INIBIC, o próximo día 8 de maio, ás 8.30 horas, no salón de actos de Hospital Universiario A Coruña presentarase: 
 
Título: Adaptación da investigación biomédica á nova normativa de protección de datos.
                 
Relator: Natalia Cal Purriños. Xestora Investigación en Saúde. Delegada de Protección de Datos da Fundación Profesor Novoa Santos.
               
Ás devanditas sesións está convidado todo aquel que desexe coñecer a metodoloxía necesaria para desenvolver un proxecto de investigación e comentar ou discutir proxectos. A persoa que estea interesada en expoñer algún proxecto, pode contactar cos membros da Comisión de Investigación do XXIAC-INIBIC Sonia Pértega Díaz (sonia.pertega.diaz@sergas.es) da Unidade de Apoio da XXIAC ou Mª José López-Armada (maria.jose.lopez.armada@sergas.es) Responsable do grupo de Investigación en Envellecemento e Inflamación do INIBIC.