h1

O 5 de maio, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña sumouse á Organización Mundial da Saúde (OMS) que celebrou a Xornada mundial de hixiene das mans SAVE LIVES: CLEAN YOUR HANDS. 


Este ano o lema de campaña foi: "Atención Limpa para todos: Esta nas túas mans. Segue sendo un obxectivo fundamental a mellora das prácticas de hixiene das mans nos momentos adecuados para afrontar o reto de previr infeccións asociadas á asistencia sanitaria.