h1

O vindeiro xoves 30 de maio, o Dr. Luís García, Xefe da Unidade de Cirurxía Vertebral, do Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, impartirá a sesión 

Xénero: Homo,  Especie: Sapiens

De onde vimos?

Desde cando estamos aquí?

 
Hora:  13:30 h.

Lugar: Salón de Actos de Hospital Universitario da Coruña.

Esta sesión atópase enmarcada nun ciclo de conferencias de divulgación científica, dirixida a persoal do centro, familiares e para o público en xeral, co obxectivo de que o hospital da cidade non só sexa o lugar onde se acode por estar enfermo ou ter algún familiar ou amigo ingresado, senón que tamén sexa un lugar de divulgación da cultura científica.