h1

O Hospital Unversitario A Coruña, dentro das sesións adicadas ao fomento da investigación que se organizan desde a Comisión de Investigación do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña-INIBIC, presentará:

"BioStatFLOSS, software para a realización de estudos de saúde" co ponente Miguel Ángel Rodríguez Muiños.  Coordinador del proyecto BioStatFLOSS”. Dirección Xeral de Saúde Pública – Consellería de Sanidade.

       
Día: 12 de xuño de 2019 ás 8:30 horas, na Aula Novoa Santos do 4º andar do HUAC. 

BioStatFLOSS é unha recompilación de software que proporciona solucións para a análise epidemiolóxica e estatística, dispoñendo tamén dun potente sistema de información xeográfica así como de varias utilidades (ofimática, navegador, etc.) que cobren calquera necesidade que se lle poida presentar a un investigador que traballe no campo da saúde. Ten, ademais, unha serie de características que o fan especialmente atractivo: 

  • É software de código aberto que non ten custo por licenza (gratuíto) 
  • Está portabilizado, é dicir, non necesita ser instalado podendo executarse desde unha carpeta do disco duro, un pendrive ou un disco duro USB externo. 
  • Corre baixo o sistema operativo Microsoft Windows. 
  • Foi desenvolto baixo o amparo da Consellería de Sanidade. 

Ás devanditas sesións está invitado todo aquel que desexe coñecer a metodoloxía necesaria para desenvolver un proxecto de investigación e comentar ou discutir proxectos. A persoa que estea interesada en expoñer algún proxecto, pode contactar cos membros da Comisión de Investigación do XXIAC-INIBIC Sonia Pértega Díaz (sonia.pertega.diaz@sergas.es) da Unidade de Apoyo da XXIAC​ ou Mª José López-Armada (maria.jose.lopez.armada@sergas.es) responsable do grupo de Investigación en Envejecimiento e Inflamación do INIBIC.