"BioStatFLOSS, software para a realización de estudos de saúde" co ponente Miguel Ángel Rodríguez Muiños. Coordinador del proyecto BioStatFLOSS”. Dirección Xeral de Saúde Pública – Consellería de Sanidade.
Día: 12 de xuño de 2019 ás 8:30 horas, na Aula Novoa Santos do 4º andar do HUAC.
BioStatFLOSS é unha recompilación de software que proporciona solucións para a análise epidemiolóxica e estatística, dispoñendo tamén dun potente sistema de información xeográfica así como de varias utilidades (ofimática, navegador, etc.) que cobren calquera necesidade que se lle poida presentar a un investigador que traballe no campo da saúde. Ten, ademais, unha serie de características que o fan especialmente atractivo:
- É software de código aberto que non ten custo por licenza (gratuíto)
- Está portabilizado, é dicir, non necesita ser instalado podendo executarse desde unha carpeta do disco duro, un pendrive ou un disco duro USB externo.
- Corre baixo o sistema operativo Microsoft Windows.
- Foi desenvolto baixo o amparo da Consellería de Sanidade.
Ás devanditas sesións está invitado todo aquel que desexe coñecer a metodoloxía necesaria para desenvolver un proxecto de investigación e comentar ou discutir proxectos. A persoa que estea interesada en expoñer algún proxecto, pode contactar cos membros da Comisión de Investigación do XXIAC-INIBIC Sonia Pértega Díaz (sonia.pertega.diaz@sergas.es) da
Unidade de Apoyo da XXIAC ou Mª José López-Armada (maria.jose.lopez.armada@sergas.es) responsable do grupo de Investigación en Envejecimiento e Inflamación do INIBIC.