h1

Este martes, 4 de xuño, ás 20.00 horas, o salón de actos de Afundación, acollerá 'A artrite reumatoide e a súa implicación no risco cardiovascular' a cargo do doutor Javier de Toro, xefe de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña e o doutor David Bouza, especialista en Medicina de Familia e Saúde Pública, do Centro de Saúde do Ventorrillo.


Este encontro está enmarcado dentro do ciclo de conferencias Charlas Saudables que organiza a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña coa colaboración de La Voz de Galicia.