h1

O vindeiro luns día 10 de xuño de 2019 ás 08:30 horas, o ​doutor Fernando Rueda Núñez da Unidade de Cardiopatías Conxénitas do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña falará sobre o "Bloqueo AV fetal, propuesta de un protocolo de manejo en el CHU A Coruña".

Esta conferencia que terá lugar no salón de actos do Hospital Universitario A Coruña (4ª planta) está enmarcada dentro do Curso de Formación Continuada en Cardioloxía 2018-2019.

Ademais transmitirase por videoconferencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, podendo seguir a sesión a través da seguinte ligazón:

(Para acceder á sesión so é necesario facer click sobre o enlace).