h1

O salón de actos do Hospital Universitario A Coruña acolleu o pasado día 6 de xuño, a presentación da Unidade de Apoio á Investigación.

A súa misión é proporcionar soporte e asesoramento no deseño e desenvolvemento de estudos de investigación a profesionais da XXIAC, o INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica da Coruña) e a Fundación Profesor Novoa Santos, así como potenciar a participación dos investigadores destas entidades en proxectos multicéntricos no marco da plataforma SCReN (Spanish Clinical Research Network).