h1

Un ano máis, o Instituto de Investigación Biomédica A Coruña (INIBIC) organiza a VI  Edición de Investigación Biomédica do Cancro en Galicia (IBCG-2019) que terá lugar no Salón de Actos do Hospital A Coruña o próximo 4 de outubro de 2019.   

Este ano temos o privilexio de contar con tres relatores de gran prestixio que abordarán temas de gran actualidade que esperamos sexan do teu interese: 


Dr. Francisco Real Xefe Grupo Carcinogenesis Epitelial, CNIO falará de Inflamación e cancro

Dra. María Abad Xefe Grupo Plasticidad celular e cancro, Instituto Oncoloxía Hospital Val D?Hebron, falaranos de plasticidad celular e cancro 

Dra. África González Xefe de grupo de Inmunología do CINBIO falaranos de inmunoterapia
                  

Envíanos o teu abstract antes do 10 de setembro para seleccionar comunicacións de tipo Oral. E-mail ibcg@udc.es 
 

Como en edicións anteriores, gustaríanos contar coa participación de todos os investigadores de institutos sanitarios, universidades, fundacións e hospitais con interese na investigación do cancro. 
 

Para máis información podes acceder á seguinte páxina web: www.ibcg.es


Por todo iso, convidámosvos a participar na IV Xornada IBCG2019.

Esperámosvos!


Comité Organizador