h1

O Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, dentro das sesións dedicadas ao fomento da investigación que se organizan desde a Comisión de Investigación do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña-INIBIC, o próximo día 9 de outubro presentará: 

 

"O profesional sanitario como xerador de innovación", con Graciela Fernández Arrojo, Departamento Legal. Innovación Sanitaria e Transferencia de Resultados. Fundación Profesor Novoa Santos


            Día: 9 de outubro de 2019 ás 8:30 horas, no Salón de actos da 4ª planta do Hospital Universitario da Coruña.