Dentro das sesións adicadas ao fomento da investigación que se organizan desde a Comisión de Investigación do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña-INIBIC, o vindeiro día 11 de decembro, o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, presentará:
"Adaptación transcultural e validación de escalas o cuestionarios de avaliación" a cargo de Laura Delgado Lobete. Unidade de Investigación INTEGRA SAÚDE, Facultade de Ciencias da Saúde, Universidade da Coruña.
Día:11 de decembro de 2019 ás 8:30 horas, no salón de actos do 4º andar do CHUAC.
Ás devanditas sesións está invitado todo aquel que desexe coñecer a metodoloxía necesaria para desenvolver un proxecto de investigación e comentar ou discutir proxectos. A persoa que estea interesada en expoñer algún proxecto, pode contactar cos membros da Comisión de Investigación do XXIAC-INIBIC Sonia Pértega Díaz (sonia.pertega.diaz@sergas.es) da Unidade de Apoyo da XXIAC ou Mª José López-Armada, (maria.jose.lopez.armada@sergas.es) responsable do grupo de Investigación en Envejecimiento e Inflamación do INIBIC.