h1

O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña sitúase no posto 12 no Monitor de Reputación Sanitaria, como mellor Hospital de España e como mellor hospital da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Destacar que mellora 6 postos con respecto ao mesmo estudo realizado o pasado ano, polo que ascende do posto 18 ao posto 12.

Dentro deste estudo, no que participaron moitos dos 787 hospitais, tanto públicos como privados existentes en España, o CHUAC competiu ao nivel de hospitais como La Paz e Gregorio Marañón de Madrid ou Clínic de Barcelona.

En canto aos servizos sanitarios con mellor proxección de España, o de Cirurxía Oral e Maxilofacial e o de Farmacia Hospitalaria do CHUAC, quedaron nos postos 6º e 8º, respectivamente, dentro de cadansúa categoría.

A estes hai que engadir aos servizos de Xinecoloxía, Nefroloxía, Otorrinolaringoloxía, Cirurxía Xeral, Reumatoloxía, Neumoloxía, Pediatría, Uroloxía, Radiodiagnóstico e Cardioloxía, que se atopan entre os 15 mellores de España.


O Monitor de Reputación Sanitaria, elaborado pola consultora Merco, empresa especializada neste tipo de estudos, avalía a calidade asistencial da maior parte dos hospitais españois, sendo unha iniciativa que contribúe a mellorar os niveis de calidade do sistema sanitario español.