h1

O vindeiro luns día 3 de febreiro do 2020 as 08:30 horas, no salón de actos do Hospital Universitario A Coruña (4ª planta) dentro do Curso de Formación Continuada en Cardioloxía 2019-20, terá lugar a seguinte conferencia:

"Resultados asistenciais da Unidade de Insuficiencia Cardiaca do CHUAC e retos futuros" co doutor Eduardo Barge Caballero, do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. 

Esta conferencia transmitirase por videoconferencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Poderá seguir a sesión a través da seguinte ligazón:

mms://video.hospitalcoruna.es/SesionClinicaGeneral
(Para acceder á sesión so é necesario facer click sobre o enlace)