h1

O pasado 31 de xaneiro tivo lugar o acto de homenaxe aos 172 profesionais que se xubilaron da área Sanitaria da Coruña e Cee. 


En representación dos xubilados falou o doutor Fernando Iglesias Gil de Bernabé, así como Loli Rivas explicou a iniciativa da creación da Asociación de extrabajadores, onde animou a non perder o vínculo co que ata o de agora foi a súa 'casa'. 

No devandito acto, tamén interviñeron o xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.