h1

Con motivo da incorporación ao longo desta semana de 337 alumnos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e centros de Atención Primaria xestionada pola Unidade de Formación de Enfermaría, celebráronse os seguintes actos de acollida:

O luns 22 de setembro tivo lugar o Acto de Acollida do alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Un total de 45 alumnas/os dos centros educativos Anxel Casal, Liceo e Nebrija comezaron a súa formación práctica no CHUAC, a cal se prolongará ata decembro. Ó acto asistiu o Director de Enfermaría, Enrique González Rodríguez. 


O día 23 de setembro incorporáronse nos centros de Atención Primaria e no Hospital Teresa Herrera os 58 alumnos do Grao en Enfermaría da Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña.


O día 24 de setembro tivo lugar o Acto de Acollida do alumnado dos Ciclos Superiores Sanitarios, un total de 49 alumnas/os do centro educativo Anxel Casal foron recibidos pola Subdirectora de Enfermaría Marta Martínez Bejar e tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión sobre medidas de protección e prevención impartida pola Supervisora de Medicina Preventiva, Marta Mosquera Pardo. O alumnado que se incorporou, repartido por ciclos, é o seguinte:

 
Ciclo superior en Imaxe para o diagnostico e medicina nuclear: 16 alumnos/as

Ciclo superior en Laboratorio clínico e biomédico: 12 alumnos/as

Ciclo superior en Anatomía Patolóxica: 8 alumnos/as

Ciclo superior en Audioloxía protésica: 2 alumnos/as

Ciclo superior en Hixiene Bucodental: 1 alumno

 
O 28 de setembro incorporouse alumnado en prácticas do Grao en Enfermaría, Fisioterapia e do Ciclo medio de farmacia e parafarmacia:

 
3º curso de Grao en Enfermaría da Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña: 57 alumnas/os 

4º curso de Grao en Enfermaría da Facultade de Podoloxía e Enfermaría de Ferrol: 19 alumnas/os  

3º de Grao en Fisioterapia da Facultade de Fisioterapia da UDC: 34 alumnas/os 

4º curso de Grao en Fisioterapia da Facultade de Fisioterapia da UDC: 33 alumnas/os

Ciclo medio de farmacia e parafarmacia do centro educativo da Coruña Anxel Casal: 3 alumnas/os 

 

Ó longo deste cuadrimestre continuará incorporándose alumnado do Ciclo medio de farmacia e parafarmacia, Ciclo superior en audioloxía protésica e do Grao en Fisioterapia e do Grao en Terapia Ocupacional.