O conselleiro de Sanidade, Julio
García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e
Universidade, Román Rodríguez González, visitaron o
covid-auto escola do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña,
onde destacaron o bo funcionamento que está a ter esta iniciativa á
hora de realizar PCR á comunidade educativa.
Na visita, estiveron
acompañados polo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor
López, e polo xerente da área sanitaria da Coruña, Luis Verde
Remeseiro.
Máis información