h1

Durante as tardes dos días 21, 22 e 23 de outubro celebrarase a VII edición, este ano virtual, da reunión organizada pola Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña,  (Directores os doutores Crespo Leiro, Herrera Noreña e Vázquez Rodríguez), onde expertos a nivel internacional, nacional e da nosa comunidade autónoma discutirán os aspectos máis novidosos no manexo da insuficiencia cardíaca, dende a práctica clínica ata os distintos modelos organizativos. Será un emocionante e intenso viaxe virtual a través de la múltiples facetas e oportunidades terapéuticas da insuficiencia cardíaca (IC).

Entre os aspectos máis relevantes que se van a discutir o mércores, 21 de outubro haberá unha mesa sobre Coidados de enfermería en IC especialmente dirixida para Atención Primaria, e a experiencia galega co Modelo Hub & Spoke en IC Avanzada.

O xoves 22, a reunión adicarase ao Tratamento da IC. Actualización sobre fármacos, Actualización do tratamento da IC. Abordaxe individualizado e organización. 
A conferencia inaugural será impartida polo profesor Ruschitzka (Zurich): “Alcanzando sinerxias entre fármacos, dispositivos e intervencións en IC”. E a Conferencia Dr Castro Beiras estará a cargo do Dr Manuel Anguita de Córdoba co título “Unidades de IC en España. Situación actual e novos retos.”

A última xornada iniciarase coas mesas Tratamento non farmacolóxico da IC. Avanzando e Terapias avanzadas para a IC no CHUAC. Resultados e retos, cerrando coa Conferencia de clausura titulada “Guía sobre manexo de pacientes soportados con un dispositivo de asistencia ventricular esquerda (LVAD) para non especialistas en LVADs” do Dr. Tuvia Ben Gal (Israel). 

O programa científico conta con destacados poñentes a nivel internacional como Frank Ruschitzka (Zurich, Suiza), Wilfried Mullens (Genk, Bélxica), Cecilia Linde (Solna, Suecia), Bettina Heidecker (Berlín, Alemania), Theresa McDonagh (London, Reino Unido), Johann Altenberger (Salzburg, Austria), Rubén Casado Arroyo (Brussels, Bélgica), Eva Goncalvesová (Bratislava, Eslovenia), Tuvia Ben Gal (Petah Tikva, Israel); a nivel nacional como Manuel Anguita Sánchez (Córdoba), Beatriz Díaz Molina (Oviedo), Domingo Pascual (Murcia), Patricia de Sequera (Madrid), Aitor Uribarri (Valladolid); e de Galicia como Carlos Velasco, Gonzalo Barge, David Couto, Miguel Solla e Eduardo Barge, entre outros.