h1

Un ano máis, o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, consegue clasificarse para a final dos prestixiosos premios Best in Class. 


Este ano, as categorías ás que accede como finalista, entre todos os grandes hospitais do territorio nacional son: mellor centro hospitalario de alta complexidade, aos mellores servizos de farmacia e farmacia en IMIDS, microbioloxía, nefroloxía, neumoloxía, neuroloxía, psiquiatría, reumatoloxía, urxencias e uroloxía, así como ás mellores unidades de coidados paliativos, de dor e de enfermidades infecciosas.

Os Premios Best in Class​ teñen como obxectivo recoñecer públicamente ao mellor centro de atención primaria, ao mellor hospital e a os mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes. Tanto os gañadores e finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente. 

A concesión destes premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable con entre 100 e 150 indicadores, e entre eles destacan a atención ao usuario, a mortalidade, a taxa de infeccións, ... todo elo en función da especialidade.

Estes premios serán fallados o vindeiro xoves, 17 de decembro a partir das 16:30 horas.
  
O pasado ano, tanto o Hospital, como os servizos de Farmacia Hospitalaria e de Nefroloxía, xa conquistaron este galardón, cada un nas súas especialidades.

Enlaces relacionados Enlaces relacionados