h1

Un ano máis, o 17 de maio celébrase o Día Mundial da Hipertensión baixo o lema 'Coñeza as súas cifras de presión arterial'.


Desde o Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario A Coruña, destacan a importancia das iniciativas que alerten á poboación sobre os riscos deste 'asasino silencioso' (como se chamou noutras épocas á hipertensión arterial), insistindo en que:


-os valores máximos non deberían superar 130/80 mmHg.


-fomentar a redución de sal.


-ter unha alimentación sa con maior acceso a froitas e vexetais.




COMO TOMARSE A TENSIÓN ARTERIAL NO DOMICILIO?




Dia Mundial Hipertension castellano CHUAC.jpg



MEDICIÓN



Antes de cada visita ao profesional da saúde:


-Tomar a tensión pola mañá (antes das pastillas da tensión se é que as toma) e pola noite, durante 3 a 7 días seguidos antes da consulta


-Descansar 5 minutos e despois tomarse dúas veces a tensión arterial cun intervalo dun minuto entre as medidas



Nas revisións habituais


-Tomala unha ou dúas veces por semana ou mes, de acordo coas recomendacións do seu médico



INTERPRETACIÓN


Nas tomas de tensión en casa, despois de excluír as tomas do primeiro día (adoitan ser altas), dicimos que un paciente é hipertenso se ten 135 ou 85 mmHg .



Principal causa de morte a nivel mundial


A tensión arterial elevada segue sendo a principal causa de morte a nivel mundial, representando 10,4 millóns de mortes por ano.



As tendencias mostran grandes diferenzas entre as rexións mundiais con ingresos máis altos e as rexións con ingresos máis baixos.



Estímase que hai 349 millóns de persoas con hipertensión nos países 'ricos' fronte a máis dun billón de hipertensos nos países 'pobres'.



Estas grandes disparidades acompáñanse de acompañadas de baixos niveis de concienciación, tratamento e taxas de control duns países respecto a outros.



A ISH (International Society of Hypertension) lanza unha campaña todos os anos en maio para aumentar a concienciación sobre a hipertensión arterial e as súas consecuencias.


A pesar destas e outras iniciativas, a prevalencia da hipertensión e o impacto adverso sobre a morbilidad e a mortalidade cardiovascular están a aumentar a nivel mundial, independentemente do nivel económico do país.