h1


A unidade de Criobioloxía e establecemento de tecidos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña é a unidade hospitalaria encargada de manipular e conservar tecidos humanos de doantes ou de pacientes (destinados a implantarse ou reimplantarse) para tratamentos de transplante, enxertos ou embrionarios, entre outros usos.

Jacinto Sánchez, xefe da unidade, destaca que esta é un referente para toda a comunidade que sempre traballou baixo esa premisa. O conseguir esta acreditación Aenor é un recoñecemento a todo o persoal da unidade e, polo tanto, ao CHUAC que pode demostrar que traballa baixo os criterios máis amplos de calidade.