h1

Os próximos 14 e 15 de outubro celebrarase a VIII Reunión anual sobre estado da arte en insuficiencia cardíaca avanzada: práctica clínica e modelos organizativos que terá lugar no Palacio da Ópera da Coruña.

O obxectivo deste encontro é proporcionar unha actualización do coñecemento científico na insuficiencia cardíaca (IC) avanzada, así como facilitar un foro de debate sobre aspectos organizativos no ámbito sanitario.

O programa da reunión está dirixido a profesionais da saúde involucrados no coidado destes pacientes e inclúe o manexo de candidatos potenciais e receptores dun transplante cardíaco (TC), cirurxía cardíaca complexa e/ou soporte circulatorio mecánico (MCS).

A través de https://acoruna-hf.com/ , pódese ver toda a información actualizada da Reunión, onde se ten acceso á información sobre o proceso de inscrición. Así mesmo, as prazas serán limitadas debido ás restricións de aforo existentes, polo que serán cubertas por rigoroso orden de chegada e informarase no momento que se cubriron.