h1

Con motivo do Día Mundial da Diabetes, o servizo de Endocrinoloxía e de Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña en colaboración coa Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición, organiza o Diabetes Evolution 2021.


Diabetes Evolution 2021 é un evento que terá lugar o próximo 13 de novembro ao que acudirán, como en cada edición, profesionais de distintas partes do país e do mundo, para dar a súa visión sobre a diabetes e así conseguir un obxectivo común: informar para mellorar no noso día a día.


Programa-Diabetes-Evolution-2021.pdfPrograma-Diabetes-Evolution-2021.pdf



Se non agora, cando?


O Día Mundial da Diabetes é unha oportunidade para crear conciencia sobre o impacto da diabetes na saúde das persoas e compartir o que estamos a facer e os pasos para seguir para mellorar a súa prevención, diagnóstico e manexo. O tema do Día Mundial da Diabetes 2021 é ¨o acceso ao coidado da diabetes: se non agora, cando? 


Este ano o Día Mundial da Diabetes é unha oportunidade para resaltar a urxente necesidade de incrementar o acceso ao diagnóstico e tratamento da diabetes, para diminuír as súas complicacións e mellorar a calidade de vida das persoas que viven con diabetes.