h1

Por terceiro ano consecutivo o CHUAC faise co Premio ao mellor Hospital de España na categoría de Centro de Alta Complexidade. Nesta ocasión, o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, consegue tamén os premios aos servizos de Nefroloxía, Neurociencias e á Unidade da Dor.

Este ano, ademais, clasificáronse para a final dos prestixiosos premios Best in Class nas categorías aos mellores servizos, os de farmacia e farmacia en IMIDS, xinecoloxía e obstetricia, microbioloxía, neuroloxía, reumatoloxía, urxencias, hematoloxía e hemoterapia, e uroloxía, así como á mellor unidade de enfermidades infecciosas, da dor, da dor irruptiva oncolóxica e de VIH.

WhatsApp Image 2021-11-16 at 21.45.46 (1).jpeg

Recibir un premio, destacou Luis Verde Remeseiro, xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, no acto de entrega dos galardóns BIC 2021 celebrados esta tarde en Santiago de Compostela, non é só un recoñecemento, senón un estímulo e un compromiso coa excelencia, e temos que seguir traballando pola calidade e a atención aos nosos pacientes.

En sanidade o éxito é o de cada día, porque o noso triunfo é o de cada paciente que recibe a mellor asistencia. O noso compromiso, como Hospital Público coruñés, é seguir loitando polo éxito, que non será noso, será o de todos”.

Os Premios Best in Class teñen como obxectivo recoñecer públicamente ao mellor centro de atención primaria, ao mellor hospital e a os mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes. Tanto os gañadores como os finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente. 

A concesión destes premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable con entre 100 e 150 indicadores, e entre eles destacan a atención ao usuario, a mortalidade, a taxa de infeccións, todo elo en función da especialidade.

O Hospital leva conquistando este galardón os últimos 3 anos, e o servizo de Nefroloxía, repite por segundo ano consecutivo.

Enlaces relacionados Enlaces relacionados