h1

Hoxe, 3 de maio celebrase o Día Mundial do Asma, que este ano ten como slogan “Pecha a porta ao mal control do teu asma”.

Desde o servizo de Neumoloxía do CHUAC lémbrase o decálogo de estilo de vida saudable para o bo control do asma:

1.- Acodir de forma periódica ás consultas programadas co especialista e o médico de familia. Eles informaran das características do asma, variabilidade dos síntomas e causantes e como recoñecelos.
2.- Tomar sempre a medicación que prescriba o médico cumprindo as súas indicacións: dose, frecuencia e duración pautadas. Nunca automedicarse.
3.- Crear un diario de asma. Recoller os datos dos síntomas, tratamento e calquera axente que pareza un causante dos brotes de asma. Para ilo hai aplicacións para descargar no móbil que axudan a realizar este control: ASMACONTROL de SOGAPAR.
4.- Tratar precozmente os síntomas de asma cando aparezan. Utilizar o plan de acción personalizado e consultar ao médico. Revisar periodicamente a técnica inhalatoria.
5.- Utilizar correctamente os inhaladores. O único tratamento efectivo no asma é aquel que se inhala correctamente.
6.- Non fumar e evitar ambientes con fume.
7.- Procurar respirar aire limpo e libre de alérxenos.
8.- Realizar deporte ou actividade física. Estar activo axuda a mellorar a saúde.
9.- Manter hábitos alimentarios saudables. A obesidade é unha comorbilidade que pode conlevar un mal control do asma.
10.- Facer prevención de infeccións respiratorias: lavado frecuente de mans, evitar contactos con persoas con arrefriados ou outras infeccións respiratorias, evitar amontoamentos durante as epidemias de virus respiratorios, vacinarse da gripe, …