h1

Os próximos días 16 e 17 de xuño a área Sanitaria da Coruña e Cee, acollerá o  I Congreso Galego de Formación Sanitaria Especializada, baixo o lema de "Formación, Compromiso e Futuro". Este encontro que se organiza por primeira vez na nosa comunidade e o seu lugar de celebración será o salón de actos do HUAC, ademais de residentes, reunirá a titores, xefes de estudos que son os que garanten a Formación Sanitaria Especializada na nosa Comunidade.

Trátase de que sexa un encontro no que titores, residentes e todos os profesionais que se involucran na formación dos futuros especialistas poidan falar das súas inquietudes sempre na procura dun mesmo obxectivo que é a formación de profesionais sanitarios que respondan as necesidades dos cidadáns.


Tal e como destacan Mª Rosario López Rico, presidenta Comité Organizador e Nieves Domínguez González, presidenta Comité Científico, o fin deste foro é "crear un ambiente propicio para a formación en excelencia, apoiándonos nas ferramentas que a tecnoloxía nos brinda, co fin de formar os especialistas sanitarios, que serán o futuro do noso sistema sanitario".