h1

Unha das maiores preocupacións do Servizo Galego de Saúde é dar a mellor asistencia sanitaria á poboación, cuns elevados niveis de calidade e seguridade para o paciente. Dentro da política de control de calidade na que se atopa inmerso o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, a Unidade de Nutrición Clínica e Dietética obtivo a certificación de AENOR que apoia o sistema de xestión da calidade conforme ás esixencias das normas internacionais como a ISO 9001.

O alcance para o Sistema de Xestión da Calidade (SGC) definido pola Unidade de Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, en base aos requisitos da Norma UNE EN ISO 9001:2015 abarca o cribado e valoración nutricional, indicación de tratamento nutricional (dieta oral, nutrición enteral e nutrición parenteral), o seguimento do tratamento nutricional de pacientes adultos (hospitalización e consultas) con interconsulta á Unidade de Nutrición, así como a docencia e formación en nutrición. 
Unidade Nutrción_AENOR_CHUAC.jpeg

O hospital entrou en funcionamento no ano 1972, e conta cunha Unidade de Nutrición desde 1989. Naquel momento constituíuse como unha unidade autónoma, dependente jerárquicamente da dirección médica do centro. Esta Unidade de Nutrición Artificial desenvolvía a súa actividade asistencial maioritariamente na prescrición de nutrición enteral e parenteral, estando a Dietética Hospitalaria a cargo do Servizo de Endocrinoloxía. A partir de abril de 2013, a Unidade de Nutrición Artificial pasou a integrarse no Servizo de Endocrinoloxía, dando lugar ao Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición, coa Unidade de Nutrición Clínica e Dietética.

Na actualidade a Unidade de Nutrición forma parte do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e é única para toda a área sanitaria, desenvolvendo o seu labor asistencial principalmente no ámbito do CHUAC.