h1

O próximo 22 de setembro ás 14.00 horas terá lugar a 1ª Sesión do Plan de Formación para Residencias Sociosanitarias 2022 (setembro-decembro).

Manuel Agustín Valle Arrojo, xefe da sección de Epidemioloxía na Xefatura Territorial de Sanidade de A Coruña, falará de "Manexo de Brotes en Residencias Sociosanitarias: Sarna e Gastroenterite".

Dirección do evento para os asistentes:

Este plan, dirixido a todo o persoal que traballa nas Residencias, consta de actividades formativas en liña, así como dun espazo na web para que dispoñan de información para o desenvolvemento do seu traballo: Unidade de Apoio Asistencial a Residencias Sociosanitarias