h1

A Dra. Carmen Montero Martínez foi elixida como nova académica numeraria da Real Academia de Medicina de Galicia (Ramycga), no marco da sesión plenaria da institución celebrada o pasado 6 de outubro.


CARMEN MONTERO
Carmen Montero Martínez, xefa de Servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, Montero dedicou especial atención á broncoscopia, o cancro de pulmón e a enfermidade intersticial. Nestes campos, desenvolveu tamén gran parte do seu labor investigador, dirixindo varios proxectos como investigadora principal e participando en diversos ensaios clínicos. É presidenta da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (2007-2011), membro da Sociedade Española de Pneumoloxía e da Sociedade Europea de Patoloxía Respiratoria, entre outras institucións científicas. Presidiu a Comisión de Tumores (2003) e participou na elaboración do Rexistro de Tumores Gallego (REGAT).

O presidente da Academia, Francisco Martelo Villar, lembrou que «os membros da Academia, entre os que tamén se atopa Rosendo Bugarín, Teresa Jorge Moura, Ángel Carracedo, e Federico Martinón, elíxense pola súa traxectoria profesional e as súas contribucións científicas».