h1

Os próximos días 18 e 19 de novembro, A Coruña acollerá as Xornadas de Historia da Dermatoloxía Española en marcadas dentro da celebración do 50 Aniversario do Hospital Universitario da Coruña.

O obxectivo das Xornadas de Historia da Dermatoloxía Española é dar a coñecer a importancia do coñecemento da historia da especialidade.

Vai dirixida fundamentalmente a dermatólogos e residentes de dermatoloxía, pero está aberta a outros profesionais interesados no tema.

Os relatores son especialistas en dermatoloxía e noutras ramas da medicina, así como expertos doutras disciplinas con dedicación á historia da dermatoloxía. A maioría son asiduos participantes nos Seminarios de Historia da Dermatoloxía, que veñen realizándose a nivel nacional, baixo a dirección do Dr. Fonseca Capdevila, desde 2017. 

Documentos relacionados Documentos relacionados